Renovadas as forzas e as ganas de traballar neste último trimestre deste curso....💪💪
Empezamos cun conto entrañable, que xa o tedes dispoñible no apartado dos contos, titulase "Paula y su cabello multicolor". Como vedes seguimos traballando as emocións.
Algunha nena facendo este traballo dixo: "Ana, vou pintar un pouquiño de negro porque ás veces enfadome un pouco cos meus papás, pero soamente un pouco". Claro que si, recoñecer e identificar as emocións nun mesmo e expresar como nos sentimos é moi importante para formarnos como persoas responsables e adultos emocionalmente correctos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario