miércoles

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS---8 DE XUÑO

Limos esta historia tan fermosa das orixes do Rainbow Warrior,barco que loita pola defensa das focas, baleas, dos océanos limpos e libres de productos químicos e tóxicos que afecten aos animais e plantas  que nel viven, ao ecosistema en xeral. Barco que foi rescatado da ferralla para tal fin. Sabiades que hai dous barcos co mesmo nome? Preguntadelle aos vosos fillos e fillas, sorprenderavos a resposta.


Con pasta branca cada neno e nena estirou e plasmou o molde do barco (por problemas técnicos non hai foto deste paso😊😊) e hoxe empezamos a pintar da mesma cor que o barco da historia e ata lle puxeron o arco da vella, ese arco que sae cando chove e despois sae o sol e que a lenda di que é o reflexo dun cobre cheo de monedas de ouro.




















Trabalamos na mesa de luz cunhas tartarugas moi especiais e que desexan un océano libre de plásticos onde  poidan  quedar atrapadas.





Empezamos o noso mural dun mar limpo, sen contaminación.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario