Mostrando entradas con la etiqueta EMOCIONA-T. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EMOCIONA-T. Mostrar todas las entradas

viernes

INTERPRETANDO EMOCIÓNS


As interpretacións dos nenos e nenas das obras das emocións que se estiveron traballando nas aulas; medo, amor, alegría, calma e tristura.  
As obras estarán expostas no Cenima de Foz do 3 de xuño ata o 15 de xuño
A inaguración  é hoxe ás 20:00 . O Cenima estará aberto polas mañás todos os días e o 8 de xuño de 18:00 a 20:00. 
























 

lunes

ÚLTIMA SESIÓN

Cantas cousas se experimentan nas sesións de Ioga. Sentimos o noso corazón, que hai nel?....algún dixo que había tormenta pero cos exercicios de relaxación apareceu a calma interior, tan necesaria para tomar conciencia do noso corpo.  
Encántalles estas sesións.....que curtas se lles fan!!!!



 

domingo

MAIO MAIO!!!


Seguimos traballando as flores tanto na expresión plástica coma co noso escarnabot que tanto lles gusta.



Facendo clip no seguinte enlace poderedes ver a elaboración das nosas flores para a nosa árbore. Quedaron chulísimas!!!!!


Así de fermoso quedou a nosa árbore e as nosas chapas que luciron o día dos Maios dos nenos e nenas da EEI San Roque.




Se queres escoitar que ben cantamos o venres no noso patio, todos xuntos e polas rúas de Viveiro preme no seguinte enlace.


COLORIDO DE ALEGRIA

E seguimos traballando a Alegría, esta vez para a exposición de TA EN ARTES.
Un torbelliño de ideas sobre o que é a alegría. Saíron moitas cousiñas a parte das cousas materias que nos transmiten tal sensación; a música, os fogos artificiais que ven na tablet e nos móviles dos papás....Con material de refugallo saiu esta explosión de colorido e de brillo na escuridade😁😁😁😁





 



miércoles

DÍA MAUNDIAL DA HIXIENE DE MANS

Encantalles traballar co escornabot!!!!Nesta ocasión repasamos os pasos para unha correcta hixiene de mans. Traballamos xa secuencias seguidas mais longas....
Moi ben chicos e chicas!!!!!!!👏👏





 

viernes

VISITA ESPECIAL


 Canto disfrutamos dos contos narrados por Charo Pita e que participativos e atentos estiveron os vosos fillos e fillas. A narración oral sen apoio visual para que cada neno e nena se imaxine o que está escoitando no seu pais da imaxinación.

lunes

2ª SESIÓN DE IOGA

 Como disfrutaron da sesión de Ioga, sendo esta vez presencial. Pasamolo moi ben coa nosa mestra Natalia. Graciñas!!!!!





martes

YAYOI KUSAMA

Coñecimos un pouco a esta artista japonesa YAYOI KUSAMA. Artista que traballou tanto a pintura, escultura como a arte performance.
A súa técnica caracterizase por saturar grandes lienzos e espazos físicos con círculos de diferentes tamaños multicolores, puntos e lunares repetitivos que invaden e diluyen todos os elementos  que haxa arredor. As súas obras recrean un infinito ilusorio, asociado ao  transtorno obsesivo compulsivo que padece.



 














miércoles

OS XOGOS DA BIBLIOTECA

Este mes temos xogos das emocións, para constuir diferentes caras, xestos asociados ás emocións básicas e secundarias.

Tamén temos  unhas pedras sensoriais de madeira moi lixeiras para deixar voas a imaxinación nunha caixa de area.


Pezas imantadas de madeira para  que de forma dirixida baixo os debuxos que veñen ou deixando voar a nosa imaxinación construan figuras 


Construiremos entre os membros do equipo burbulla as casas das familias antes de que o rei logre a súa torre?😃