Hoxe, luns, 22 de marzo, celébrase o "Día Mundial da auga", ese ben tan preciado que temos que coidar moito para disfrutar del moito tempo.😇😇
A semana pasada fixemos dous experimentos con auga. Pero antes de introducirnos directamente neles, estivemos falando sobre a auga:
-para qué serve?
-de qué cor é?
-onde está a auga?
-podemos utilizar a que queiramos?
- se un día non temos auga, qué facemos?
EXPERIMENTOS
1º-Tiñamos bolas azuis pequenas (círculos-esferas) e taquiños verdes tamén pequenas (cadrados) que metimos en contenedores cheos de auga. Fixemos de ciéntíficos; qué lles pasará ás bolas e aos cadradiños? pero a única resposta foi que ían desaparecer. Mañá pola mañá desvelarase o misterio.😄
Deixamos unhas boliñas e uns taquiños para comparar.😁
Antes de ir para a casa xa viran o que pasara nalgún contenedor.😄
2º- Obxectos que empregamos a diario na aula. Observamos se flotan ou pola contra hundense nun contenedor con auga. Fixeron as súas hipótesis.Animovos a que nos vindeiros días visitedes o blog de Voz Natura e ver os experimentos dos demais grupos da nosa escola
Desvelouse o segredo....As boliñas e os cuadradiños creceron moito durante a noite!!!!!!!!!!!
Observamos o que lle pasara a auga. A das bolitas non cambiou de cor pero a dos cuadriños verdes volverase verde oscura e agora os cuadriños estaban mais clariños. A súa cor diluese na auga.
O poder de absorción dos materiais. Pola contra, todos o que meteramos no cubo grande para ver se flotaba ou se afundía, estaba igual de tamaño.😀
No hay comentarios:
Publicar un comentario