E o venres fumos de saída á horta mancomunada que temos cerquiña da escola. Encantados estiveron os nenos e nenas. Plantaron pementos , sandía, cebolas, cabaza, calabacín, berenxena morada e branca, porro.... Ulimos lavanda, manzanilla, comeron fresas directamente da planta, descubriron algún que outro bicho.
Unha vez mais o trato recibido por Joaquín e o resto do persoal que nos atendeu foi exquisito. Á volta das vacacións de verán iremos outra vez de visita e recolleremos o froito da nosa plantación.😁😁😁😁.
Vimos como está medrando o nectarino que a nosa escola lles regalou en agradecemento polo ben que se portan cos nenos e nenas da escola cada vez que algún grupo os visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario