jueves

3 DE DECEMBRO ,DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Traballamos o conto"Por cuatro esquinitas de nada"" na mesa le luz (tedes o conto no apartado de contos, marxe dereito do blogue). Por grupos de convivencia contaban a historia sendo eles os protagonistas, cuadradito, serrucho, idea e círculos. Xogamos a intentar adiviñar a quen tiñamos diante tendo os ollos tapados.....é moi dificil.

 






Na sesión de ludoteca e posteriormente nos momentos de patio, fixemos xogos:
 -pasar ao compañeiro que tiñan ao lado a cartulina empregando soamente unha man e cunha pinza. 😁

 



        -por parellas un deles tiña que ir dirixindo ao compañeiro que tiña tapados os ollos ata un aro para deixar depositar dentro un cono de entrenamento.


Neste día queremos unirnos a Entidades sociais de toda Galicia unidas para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade  BAIXO O MESMO PARAUGAS, animándovos tamén a que o fagades en familia.


Así de fermosas quedaron as nosas propostas: #ParaugasPolaDiscapacidade #BaixoOMesmoParaugas.
"A capacidade é ser EXTRAORDINARIAMENTE  CAPAZ"







Librín deixavos unhas curtas e unha proposta para que fagades en familia. Entrade no blog da biblioteca (marxe dereito) e animadevos a participar.

Na clase de Pincitas temos tamén uns superheroes....como SuperLucía.


Os nenos e nenas levaron hoxe os elefantes Elmer , cada un diferente pero fermoso.😃


















No hay comentarios:

Publicar un comentario