jueves

ESCOITAMOS COMO LES

 Hoxe recibichedes un abalar dunha proposta do equipo de biblioteca. Animadevos a participar nela. Pode ser unha gravación dun conto que lles gusta aos vosos fillos e fillas,mandadela ao meu correo (anasolla@edu.xunta.es) e visualizamolo na aula. Non ten que ser en directo (vía conferencia). Podedelo facer coa axuda dos irmáns tamén, que eles llo conten ao resto dos compañeiros e compañeiras da aula. Podedelo facer con títeres, debuxos feitos en familia, bonecos ou simplemente vendose as ilustracións do conto. Non se teñen que vervos as vosas caras. Pode ser inventado ou adaptado por vós cambiandolle o final. En galaego ou castelán. Pode ser un libro que pedirades á biblioteca da nosa escola.

 Hai infinitas posibilidades.😁😁

AOS VOSOS FILLOS E FILLAS VAILLES ENCANTAR!!! 

GRACIÑAS DE ANTEMÁN


No hay comentarios:

Publicar un comentario