domingo

SAMAÍN

Consultade o blog de Librín para poder ver o conto cos vosos fillos e fillas e unhas recomendacións gastronómicas que vos fixo....ANIMADEVOS   A   FACELAS   E   MANDAR   FOTO (anasolla@edu.xunta.es)

GRACIÑAS   POLAS   ARAÑAS   DE   REFUGALLO   QUE  CHEGARON   Á   ESCOLA...

De que cor é o medo? Cada neno e nena identifica o medo cunha cor. Como vedes hai para todos os gustos.😀😀😀😀





Traballamos a palabra  medo e buscamola entre outras moitas
 



E coñecimos unha araña que se chama MAMAN moi famosa e xigante que está en Bilbao, que mide 10 metros de alto por 11 de ancho e pesa 22 toneladas. Que ten no seu abdomen 26 ovos de mármol. 

A artista que a diseñou nos anos 30, quixo dar unha homenaxe a tódalas nais do mundo polo seu papel de protectoras ao mesmo tempo que letais coas súas crias . Aprendimos que hai moitas mais en diferentes paises, que parecen todas iguais pero que non o son😁😁😁.
A primeira araña xigante está en Londres e está feita de aceiro, as demais en bronce. 









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario