Como ben sabedes, no Plan de Autoprotección que ten o centro para posibles emerxencias, cada aula ten de referencia unha mascota que está pintada no patio exterior da escola. Temos asignado na nosa aula o Cangrexo.
Entre todos e todas elexiron o seu nome, chamariase PINCITAS. Nestes días coñeceremos algo mais sobre os cangrexos.😀
A nosa novas mascota axudounos a repasar algunhas vogais. Tamén estivemos debuxandoa coas súas pinzas, patas andadoras, caparazón e os seus ollos e antenas.
Que lle falta a Pincitas?
Despois de todos estes días falando dos cangrexos e algunha das súas características....traballamos as partes do mesmo.
Picamos, pintamos con pincel, rasgamos papel coas mans, recortamos coas tesoiras, imaxinamos unha coral, estampamos co dedos e escribemos o nome de Pincitas...e así de fermosa quedou cada mascota😂
No hay comentarios:
Publicar un comentario