O momento da merenda na escola é moi especial para os vos@s fill@s. Quitan con moita ilusión a súa bolsiña, extenden o seu manteliño e poñen enriba a botella de aceiro de auga ou zume natural e o seu contenedor coa froita ou bocadillo.👏👏👏👏👏👏👏👏
Lembremos unha vez mais a importancia de respetar os días de froita ou bocadillo.
FROITA (pelada ou cortada)--------Luns, Mércores e Venres
BOCADILLO-----------Martes e Xoves
Con esta distribución de días intentamos dende a escola fomentar o hábito dunha alimentación sa e equilibrada tan importante para un crecemento equilibrado. Tamén pretendemos que os nenos, dende idades moi temperás, se conciencen de xenerar o mínimo de residuos nas súas comidas e evitar o emprego dos plásticos dun só uso.
GRACIÑAS, GRACIÑAS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario