martes

LETRAS GALEGAS

Rematado o noso quebracabezas (que formará parte dun quebracabezas xigante) para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio) e o noso retrato da homenaxeada deste ano, Xela Arias, escritora, editora, tradutora e profesora. 




Traballamos na PDI un pouquiño a súa biografía. Se queredes facer outra vez as actividades cos vosos fillos e fillas poderedelas atopar no apartado de Dinamización da lingua galega así como a canción que estamos a escoitar estes días na escola que leva por título "O meu país" e a canción de Manuel Soto Macia que compuso con pictogramas sobre Xela Arias.













A profe María José leeulles o conto dos bolechas sobre Xela Arias e fixeron este marcapáxinas cunha cita moi fermosa dita pola homenaxeada.













 

No hay comentarios:

Publicar un comentario