Todo os mestr@s da nosa escola queremos seguir fomentando e dinamizando os momentos de lecer.
Durante as vacacións de Semana Santa, o noso conserxe Miguel, vaian por diante as grazas, pintoulles aos nenos e nenas varios xogos no chan do patio. MOITAS GRAZAS MIGUEL!!!!!👏👏👏👏👏👏👏
Un deles e unha cadea de números que seguramente quitaraselle moito partido, e dunha forma lúdica aprenderán a secuencia; podendo saltar para adiante, cara atrais, engadir, restar....
A cuadrícula xigante tamén é para traballar a lateralidade, a organización e orientación espacial e tamén o pensamento computacional con actividades desconectadas é decir, sen máquinas nin ordenadores.
Ás veces, unha simple formiga tamén atrae o seu interese...podendo pasar moito tempo mirando para elas.😁
No hay comentarios:
Publicar un comentario