Seguimos traballando o Noso Corpo.
Centramonos nas nosas mans.
Primeiro un torbellino de ideas para que dixeran para que creen que serven as mans: o primeiro que saiu foi para xogar😃😃😃, chamar por teléfono, recortar, pintar, dar apertas (algún dixo que non nos podiamos tocar polo bicho 👌), leer contos, recoller....
Cantas temos? Son iguais? Sempre se emprega a mesma? Para que serven as mans?...
A continuación limos o conto Las manos no son para pegar (tedelo no apartado Os nosos contos) e escoitamos a canción de Pablo Díaz Coas miñas mans (tedela ao marxe dereito no apartado As Nosas Cancións) e xurdiron mais utilidades para as nosas mans: axudar, aplaudir, tocar as cousas, falar, poñer e quitar prendas de roupa...
Estampamos as nosas mans e fixemos un mural con fotos de accións que se poden facer coas mans e as que non se deben facer. Tamén empregamos algún pictograma dalgunha acción faciliña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario