Para celebrar o 8 de marzo, dunha poesía creada pola profesora Rocío, naceu unha canción composta por ela e a súa familia. No seguinte enlace podedes disfrutar dela, os nenos e nenas xa a coñecen.
Os pequerrechos debuxaron á súa muller especial.....quen será , será?loxicamente todos dixeron a súa MAMÁ .
Esa muller que sempre está pendentes deles, que os come a chuchos e a apertas, que desvivese incansablemente por eles, aínda que ás veces tamén se enfade e berre, e que de vez en cando compra gusanitos e chuches😂😂😂😂 ....
Debuxaron así as súas MAMÁS
😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍
Vistedes algunha vez algunha princesa? Hainas polas rúas? Como son? Que levan vestido? Sempre van de vestido ata os pés? Que fan todo o día? Nas casas hai princesas?
Todas estas preguntas xurdiron ca simple lectura do título do conto ¿Las princesas usan botas de montaña? (tédelo no apartado dos contos), diálogo dirixido e torbelliño de ideas.
Debatiron si a nena da portada, podía ser princesa, a maioría decía que non pois non tiña coroa😉😉😉coma as que saen nos contos que coñecen.
Pensando en romper os estereotipos desta sociedade,realizamos nas aulas un experimento social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario