jueves

Este mércores, e todos os mércores do mes de marzo, comezou unha nova actividade proposta dende o equipo de biblioteca da nosa escola. Actividade que intenta recuperar a tradición de contar contos sen contos e o pracer de escoitalos.

 Unhas palabras máxicas poñen aos nenos e nenas en actitude de atención e o son dunha pequena campá predisponos a escoitar e imaxinar nas súas cabezas, un mundo máxico, no que pode pasar calquera cousa. 

Non hai fotos desta actividade, preguntadelle aos nenos e nenas.😀😀😀😀 




No hay comentarios:

Publicar un comentario