Un pequeno avance do que estivemos traballando estes días para conmemorar o Día da Lingua Materna (21 de febreiro) e o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro). Pero isto non é todo, haberá mais sorpresas para festexar estes dous días, estade atentos.😍😍😍😍😍😍
Picaron triángulos grandes, pequenos e medianos, estampamos as mans, decidimos ollos, boca, pico, e patas, colorearon un penedo,a un puxeronlle unhas ás moi coloridas😁😁😁😁
Qué animal será este que está subido a un penedo? Eu non lle teño medo, e ti, teslle medo?.
Premendo no seguinte enlace poderedes escoitar a tódolos nenos e nenas da nosa escola cantar a canción do Moucho, así como ver as variadas e diversas representacións plásticas do mesmo. Esperemos que vos guste.
Coñecimos a Rosalia de Castro. Debeu ser moi importante xa que lle puxeron o seu nome a unha estrela e ata tiña un billete a súa cara. Vimos a súa casa-museo de Padrón, a súa habitación e o seu xardín, tamén unha foto dos seus fillos e fillas co sue marido escritor chamado Manuel Murguía. Hai escolas, rúas , estatuas e ata fontes co seu nome, sen lugar a dúbida foi unha muller moi importante, defensora da nosa lingua o Galego.
Podedes pinchas no seguinte enlace e volver a escoitar as cancións e as presentacións que estamos a ver na escola.....e un rap moi chuli que escribiu un papá dunha nena da escola que é mestre de música... Graciñas!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario