viernes

MOITO FERRRO!!!!! EXPERIMENTO COAS MONDAS DOS PLÁTANOS I

Fai unha semana e un día que puxemos as lentellas nun bol cun papel con auga. Hoxe descubrimos que medraran moito e que estaban como pegadas ao papel.😁😁😁 As cariñas dos nenos e nenas foi de asombro ao ver que medraran tanto e algún ata dixo que xa tiñan flor. Decidimos plantalas con terra nuns recipientes especiais (preguntadelle aos nenos e nenas). Todos participaron nalgún momento do proceso da plantación. 
Estamos a coidar moi ben do perexil e do orégano que plantamos xa fai tempo, pero por agora non vemos ningún cambio.😂😂













Marcaramos no almanaque da aula cunha estrela que hoxe, día 19 de febreiro, abririamos as caixas das mondas dos plátanos. É así foi, os pequenos e pequenas investigadores puxeronse mans á obra. 
Da observación directa sairon moitas cousiñas interesantes:

-"unha caixa ten auga, a outra non!!!"

-"unha monda aínda está amarela!!!!"

-"outra monda xa está marrón e ten unha cousiña branca na punta!!" 

-"na caixa do mesmo número, unha monda está fea e a outra non"

Monda do 5 de febreiro
Monda do 1 de febreiro
Así temos as nosas plantacións😀😀😀

No hay comentarios:

Publicar un comentario