Estes días os nenos e nenas seguramente que chegaron á casa e algo vos contaron dunha señora que se chamaba Gabriela e algo do talón😁😁😁😁.
Pois estes días, para conmemorar o 11F Día da Muller e a nena na ciencia, traballamos a GABRIELA MORREALE DE CASTRO. Cientifica que traballou no diagnóstico precoz de enfermidades hereditarias do metabolismo. Estudiou como afecta a carencia do Iodo na saúde da persoa. É a responsable da implantación na seguridade social española das técnicas de detección precoz do hipotiroidismo conxénito mediante a medida de TSH y T4 no sangue do talón dos neonatos. Gracias a ela erradicouse o bocio.
Aquí está o retarto de Gabriela que colorearon os nenos e nenas por pezas coma se fose un quebracabezas. Así coma os debuxos dos robots de cada neno e nena e os robots que construiron. Todo isto forma parte dunha exposición no centro, pinchando no seguinte enlace podedes ver a exposición completa.😀😀😀😀
No hay comentarios:
Publicar un comentario