lunes


Seguimos cas visitas á nosa magnífica biblioteca. Visitas que cumpren cos requisitos de seguridade en todo momento; metade da clase por turnos, emprego de macarillas, hixiene constante de mans e cuarentena para os libros que se empregaran. 
Lembramos que alí vive o moucho Librín, a nosa mascota da biblioteca e que temos que falar baixiño xa que o moucho durme polo día e polas noites é cando fai a súa maxia deixándonos
 contos na nosa  aula. 
Hoxe tocou ler un libro que lles encantou.Leva por título COCORICO, un pitiño pequeniño que algo lle ocorre cando vai por leña par facer un biscoito ca súa nai.....
Este conto deunos pé para empezar a falar sobre o noso corpo, proxecto que nos vindeiros días traballaremos.😃😃😃😃😃😃



Descubremos un recanto da biblioteca que nos gustou moito... BALDOSAS SENSORIAIS CON LÍQUIDO DE CORES DENTRO.
Pisamos pisamos e algo pasaba pero non se manchaban os zapatos!




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario