viernes

RUTINAS I

Todos os días despois de cantar a canción de Buenos días e preguntarlles aos nenos e nenas como están, pasamos lista na nosa PDI para saber as compañeiras e os compañeiros que quedaron na súa casiña. 
Miramos primeiro a mesa do encargado ou encargada do día e comprobamos se están todos os que se sentan alí e así sucesivamente polas 4 mesas que temos; mesa do círculo vermello, do cuadradito amarelo, rectángulo verde e triángulo azul.
As fotos dos compañeiros e compañeiras que quedaron nas súas casas pegámolas nunhas casiñas de cores, unha casa por cada un que falta. Despois contamos aos que viñeron ao colexio e tamén aos que quedaron na súa casa, traballando xa a secuencia numérica e a súa grafía.









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario