Os vosos fillos e fillas participaron na decoración da entrada da escola facendo unha reprodución plástica da portada do libro "El Rey que bordaba estrellas". Por problemas coas novas tecnoloxías non hai fotos do pintado dos rectángulos nin da oblea😂😂😂😂😂 .
Como podedes comprobar, traballamos a figura do rectángulo o seu pintado con témpera de cores e pinceis, a colocación dalgunhas letras e a estampación da palabra PAZ. Coma sempre, tomanronse todas as medidas sanitarias para a súa realización.
E así quedou a nosa entrada principal da escola.👏👏👏
Se pinchades no seguinte enlace poderedes ver unha representación e adaptación do conto "Brancos e negros" que fixeron os maiores da escola con moito traballo e moita ilusión.
Un papá dunha nena da escola deixoulle a Librín unha canción de elaboración propia dunhas estrelas, pinchade no enlace e poderedela escoitar....GRACIÑAS !!!
No blog da biblioteca tedes diversos xogos sobre os dous contos traballados para a celebración da PAZ....
Tamén estampamos unha man para decorar a canción que estivemos aprendendo estes días que escribeu a profe Genma para a ocasión. GRACIÑAS PROFE!!!!!
Hoxe en educación musical houbo unha conexión webcam con todas as aulas da escola para cantar todos xuntos a canción da Paz. E tamén colorearon unha ficha para celebrar o día da Paz.
Escoitade como entonan a canción da Paz...👏👏👏👏👏😍😍😍
No hay comentarios:
Publicar un comentario