Algo está pasando estes días .....moita pintura negra,mans e rollos de papel hixiénico!!!!.....Papás , mamás estade atentos.😉
Hoxe contamos o conto do Monstruo verde e fumos coloreando a súa cara cas cores que nos indicaba o conto
Xa levamos unhas semanas preparando as cousiñas para a festa que tanto nos gusta é o SAMAÍN. Deunos tempo a facer moitas cousiñas; bailar, escoitar contos, aprender unha canción moi especial composta por un pai dunha nena da nosa escola, pintar calabazas e decidir os seus nomes, recortar, pegar, visionado do conto que con tanto agarimo fixeron os residentes da residencia de DOMUS Vi de Viveiro.... A profesora Carmen dende a biblioteca de Librín contounos un conto que leva por título Guapa, podedelo ver premendo no seguinte enlace GUAPA. Ao final tamén vos invita a responder a unhas preguntas en familia podendo remetir as vosas respostas.
E así quedou a nosa clase decorada👏👏👏👏👏👏👏👏
No hay comentarios:
Publicar un comentario