viernes

OUTONO


Pouco a pouco empezamos a traballar cousiñas do outono, as súas cores, os seus froitos, os cambios da paisaxe...
 Hoxe, con todas as medidas hixiénicas necesarias e oportunas (lavado de mans antes e despois da manipulación de cada neno e nena) empezamos a manipular un froito típico da estación na que nos atopamos....A CASTAÑA . Abrimos os ourizos cos pés para non nos mancar, tocamos a folla da súa árbore, o CASTIÑEIRO e disfrutamos escoitando o ruido que fan as follas ao ser pisadas.



Experimentamos coas cores do OUTONO, estampamos follas e pouco a pouco a nosa árbore colle forma. Xa forma parte da nosa decoración da aula!!👏



Esta estación axúdanos a traballar os conceptos "igual" e "diferente", buscamos os que eran iguais ao modelo e o coloreamos. Tamén calcamos follas que despois dimoslles cor.Por último tamén picamos e pegamos unha bellota.👏








No hay comentarios:

Publicar un comentario