viernes

AULA DE TRABALLO

  Bo día familias!!

 Como se vos dixo na reunión de inicio de curso, este ano polas circunstancias sanitarias que nos toca vivir, cada grupo-clase dispón de dúas aulas burbulla e baños de uso exclusivo para ese grupo-clase. Unha das aulas empregase para o traballo  de mesa, as merendas e as sesións virtuais cos especialistas (inglés, relixión, música e audición e linguaxe)  e a outra aula para os recunchos.

Na aula de traballo os nenos e nenas están colocados por equipos de convivencia (sempre os mesmos compañeiros), distribuidos en equipos de 4 ou 5 membros fixos.Os equipos teñen como referencia as formas xeométricas básicas; círculo, cadrado, triángulo e rectángulo de cores azul, amarelo, vermello e verde. Cada neno ten asignado un sitio concreto cunha cadeira que recoñecen xa que ten a súa foto pegada no respaldo así como o colgador para a bolsiña da mascarilla que recomendase traer á escola. Nesta aula teñen as súas gabetas individuais co seu material intransferible; ceras, plastilina, punzón, almofada..., así como a gabeta para gardar os traballos que pouco a pouco iranse facendo.











No hay comentarios:

Publicar un comentario