lunes

OS FRUTEIROS-MOSAICOS

 Seguimos practicando as tesoiras esta vez para elaborar unhas froitas especiais con anaquiños de papel caharol. Así de fermosos quedaron.¡¡¡¡ Artistas!!!!   


miércoles

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS---8 DE XUÑO

Limos esta historia tan fermosa das orixes do Rainbow Warrior,barco que loita pola defensa das focas, baleas, dos océanos limpos e libres de productos químicos e tóxicos que afecten aos animais e plantas  que nel viven, ao ecosistema en xeral. Barco que foi rescatado da ferralla para tal fin. Sabiades que hai dous barcos co mesmo nome? Preguntadelle aos vosos fillos e fillas, sorprenderavos a resposta.


Con pasta branca cada neno e nena estirou e plasmou o molde do barco (por problemas técnicos non hai foto deste paso😊😊) e hoxe empezamos a pintar da mesma cor que o barco da historia e ata lle puxeron o arco da vella, ese arco que sae cando chove e despois sae o sol e que a lenda di que é o reflexo dun cobre cheo de monedas de ouro.




















Trabalamos na mesa de luz cunhas tartarugas moi especiais e que desexan un océano libre de plásticos onde  poidan  quedar atrapadas.





Empezamos o noso mural dun mar limpo, sen contaminación.



 

SOUTO DA RETORTA--DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Que ben o pasaron e que ben se portaron na saída ao Souto da Retorta ou Eucaliptal de Chavín. A viaxe no Vivertren encantoulles, a emoción de ir saudando a toda a xente, de dar unha volta en tren, de que nos adiantasen os coches, de abrazar simbolicamente ao avó, de sair da escola, de merendar no campo....en resumo de pasar unha xornada diferente😁😁.
















lunes

VISITA Á HORTA MANCOMUNADA

 E o venres fumos de saída á horta mancomunada que temos cerquiña da escola. Encantados estiveron os nenos e nenas. Plantaron pementos , sandía, cebolas, cabaza, calabacín, berenxena morada e branca, porro.... Ulimos lavanda, manzanilla, comeron fresas directamente da planta, descubriron algún que outro bicho.

Unha vez mais o trato recibido por Joaquín e o resto do persoal que nos atendeu foi exquisito. Á volta das vacacións de verán iremos outra vez de visita e recolleremos o froito da nosa plantación.😁😁😁😁.







Vimos como está medrando o nectarino que a nosa escola lles regalou en agradecemento polo ben que se portan cos nenos e nenas da escola cada vez que algún grupo os visita.





¿QUÉ TE PASÓ?

 Outra historia entrañable que ten como protagonista a un neno que se chama Juan.....conto que deu moito que falar na clase. Poderá facer as mesmas cousas que os demais nenos e nenas? Convertese nun pirata valente que non lle ten medo aos tiburóns.




viernes

INTERPRETANDO EMOCIÓNS


As interpretacións dos nenos e nenas das obras das emocións que se estiveron traballando nas aulas; medo, amor, alegría, calma e tristura.  
As obras estarán expostas no Cenima de Foz do 3 de xuño ata o 15 de xuño
A inaguración  é hoxe ás 20:00 . O Cenima estará aberto polas mañás todos os días e o 8 de xuño de 18:00 a 20:00.