Os maiores da nosa escola están traballando rueiros da nosa vila e tamén o Camiño do Mar.
Os pequerrechos partimos do máis próximo, como fixeramos co outro itinerario. Esta vez realizamos un mural co percorrido de ida e volta dende a nosa aula ata a biblioteca de Librín.
Puxemos en práctica moitas técnicas plásticas; fixeron boiliñas con papel de seda , estamparon cun papel de burbullas, pintaron con rodillo e pinceis, pegaron pegatinas, realizaron trazos verticais e horizontais, practicaron orientación das frechas cos limpapipas...como podedes ver moitas cousas á vez.
Levounos moito tempo pero mereceu a pena, a que sí?😁😁
No hay comentarios:
Publicar un comentario